"ENROLATE, DOA O TEU CORAZÓN" II Concurso de curtametraxes Doazón e Transplantes


Parabens a Ana Davila, Nerea Outeiral, Ainhoa Pereira e Martín Ares por acadar este premio concedido o 9 de maio do 2011 pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia no II Concurso de curtametraxes para escolares relacionado coa Doazón e os Transplantes. Realizaron unha curta de animación, cos seus propios medios, para a asignatura Cultura Audiovisual do IES María Soliño de Cangas do Morrazo e o taller de curtas e animación. Recibimos un estupendo pendrive de 16 GB como agasallo. O primeiro premio foi para: Doa, aínda podes facer moito (link á noticia)

Os premiados no acto da entrega de galardóns pola Consellería de Sanidade

Premios acadados na asignatura Cultura Audiovisual Galardóns 2011 (link)