"Stop Motion Now" Técnica de animación stop motion




Stop Motion Agora proporciona recursos, técnicas e materias educativos, en ligazóns con contidos en inglés, galego e castelán, para alumnado e profesorado de educación secundaria, ESO, bacharelatos, ciclos medios relacionados coa creación audiovisual e para calquera que quiera aprender, disfrutar e investigar esta técnica.

A animación realízase cadro a cadro (frames). Variando lixeiramente a posición dos bonecos, recortes de imaxes e/ou debuxos. Proporciónase información para capturar imaxes e editalas, pautas para crear argumentos a partir dos conceptos básicos da comunicación audiovisual.

Requírese calquera editor de video que teña instalado o ordenador ou unha aplicación informática específica, ferramentas dispoñibles tamén en dispositivos móbiles. A unión das capturas a xeito de frames (ao redor de 12  capturas por segundo de película) serve para crear unha secuencia de imaxes en movemento.

En Stop Motion Now pretendín facilitar información sobre os contidos e medios dispoñibles para diferentes niveis de aprendizaxe.

Para este blog elaborei titoriais cos que mostrar recursos técnicos para a creación dunha animación e unha recompilación de titoriais compartidos en internet para algunhas das aplicacións informáticas e para os diferentes sistema operativos máis empregados.
Nos enlaces pódese acceder a un percorrido audiovisual pola historia da animación, destacando as achegas dos seus creadores á técnica stop motion. A través da historia do cine idos relacionando a arte e a tecnología facundo as nos a propias creacións animadas con técnicas que van experimentando ao coñecer o funcionamento da percepción visual humana e os fenómenos de ilusión de movemento.

Para complementar este proxecto utilizo tamén un dos meus blogs directamente relacionado, con entradas creadas para complementar algúns dos apartados do esquema principal: os obradoiros de animación que desenvolvo con alumnos que se anotan voluntariamente para aprender e practicar nos recreos e así poder experimentar aprendendo mentres creamos as nosas producciós.


Facilito tamén enlaces a webs con contidos educativos relacionados coa narración secuencial, a linguaxe audiovisual e nocións básicas da semántica da imaxe en movemento nos enlaces, dous blogs: O Taller de Animación e Cultura Audiovisual con entradas que creei para este proxecto, tamén en paneis de Pinterest.
Para aprender e experimentar creando servíronnos todo tipo de cámaras dixitais de fotografía sinxelas e dispositivos móbiles para capturar imaxes, teléfonos con cámara, cámaras web, etc. que cando é preciso suxeitamos nun trípode convencional ou improvisado.
Utilizamos materiais sinxelos: cartolinas, cartóns, teas, debuxos e pinturas para construír escenarios ou fondos. A plastilina, fita ou goma adhesiva, tesoiras, barro e debuxos a man ou deseñados por computadora para a creación e manipulación dos personaxes que poden ser bonecos (articulados ou non), obxectos, debusos, pixelacións etc.

 
Os estudantes aprenden en colaboran dende a súa casa e co seu ordenador instalando as aplicacións informáticas (programas ou app) de sofware libre, ou aquelas que permiten un período de proba. mantemos unha comunicación vía correo electrónico e redes socias e para o envío de arquivos entre alumnos e ao profesor empregamos plataformas como dropbox, wetranfer, etc. para a entrega de exercicios e como medio de posibilitar o traballo en equipo a distancia.
Todos os materiais e recursos foron e son compartidos ou utilizados baixo licenza creative commons non comercial. Sobre os dereitos de autor explico noutro blog de recursos audiovisuais as experiencias e resultados por unidades didácticas con exemplos para empregar éticamente música, imáxes e audios doutros autores.

Joseba García Plazuelo


Valora ou comenta rexistrandoche en
Espiral Edublog
Gracias!